UGT relanza a campaña “No traballo que non che obriguen a facer o animal”
Con motivo do inicio das rebaixas e o período do Nadal UGT
A maioría destes empregos son temporais, precarios e con escasas remuneracións, nos que a saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras vese afectada.
- A reforma laboral do Goberno e a escasa cultura preventiva das empresas continúa agravando a sinistralidade laboral.
- UGT anima a denunciar situacións que vulneren a saúde e seguridade dos traballadores, a que non che obriguen a facer o animal e a protexer a túa saúde e os teus dereitos.
- UGT alerta dos posibles efectos negativos en materia de saúde laboral que poden traer consigo os empregos que se crean para a campaña de Nadal, dado que a inmensa maioría destes empregos son temporais, precarios e con escasas remuneracións, nos que a saúde e a seguridade dos traballadores e traballadoras pódese ver afectada significativamente.