A brecha de xénero no mercado laboral perpetúase en 2017
UGT.
- O paro masculino reduciuse en 2017 en 180.000 persoas, mentres que o feminino só en 100.000
- O 90% do descenso do paro en decembro corresponde ás mulleres, en actividades maioritariamente feminizadas con motivo da campaña do Nadal
- Os contratos indefinidos en 2017 aumentaron case un 10% para os homes e só un 4% para as mulleres
- UGT reclama ao Goberno e aos empresarios medidas para o desenvolvemento efectivo da igualdade no mercado de traballo do noso país
Por todo iso, UGT esixe un plan de choque polo emprego que impulse a
igualdade no mercado de traballo, mellorando as condicións de acceso a
un emprego digno e de calidade para as mulleres. Non é posible concibir
unha recuperación para o noso país sen que se garanta no emprego a
igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes.
O sindicato considera imprescindible que o Goberno aposte por impulsar o
Diálogo Social e a Negociación Colectiva para o desenvolvemento
efectivo da normativa igualitaria, con políticas activas, plans e
medidas de igualdade para o emprego de calidade das mulleres, combater
as brechas de xénero, eliminar a violencia contra as mulleres, avanzar
en conciliación e ampliar a protección social.
Os efectos da crise, as reformas laborais e as medidas de recorte e
austeridade, unidas á omisión de actuacións públicas que realmente
contribúan a avanzar na igualdade entre mulleres e homes, seguen
incrementando a situación de retroceso na igualdade de xénero e no
emprego das mulleres, colocándonos nunha situación que nos afasta cada
vez máis da posibilidade de alcanzar a igualdade efectiva no noso país.