UGT lembra que sen os recursos económicos adecuados é complicado frear a violencia de xénero.
- A violencia de xénero é unha realidade intolerable fronte á que son necesarios máis recursos económicos e humanos.
- O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero queda curto. Desde 2010 reducíronse en máis de 20 millóns de euros o gasto orzamentario destinado a establecer medidas para a igualdade e contra a violencia de xénero.
- Fan falta máis medidas no ámbito laboral para favorecer a igualdade e erradicar todo tipo de violencia e acoso por razón do xénero.