UGT pediu que a mesa do Plan de Choque polo Emprego, aborde "de maneira simultánea" varias materias esenciais e que non poden esperar.
Ademais da prórroga do Plan Prepara, que o Goberno debe realizar de maneira inmediata e con carácter retroactivo, e a reforma integral do sistema de protección por desemprego, para que se protexa máis e mellor aos desempregados, é necesario que ?o Goberno dea continuidade ao proceso de negociación do Plan de Choque polo Emprego Xuvenil, que se tratou en xullo, e onde UGT expuxo un novo modelo de contrato relevo. Para UGT é vital, é unha ferramenta importantísima para crear emprego novo de calidade e o Executivo, non ten escusas para deixar apartada esta materia.