mércores, 30 de agosto de 2017

CAMPAÑA.#PonteA1000









O Secretario de Política Sindical, Gonzalo Piñeiro, e a Secretaria Executiva Confederal, Isabel Araque, presentaron a campaña de UGT #PonteA1000, na que se demanda un mínimo salarial de 1.000 euros. Unha reivindicación que o sindicato propoñerá ás organizacións empresariais, no marco do diálogo social e na negociación colectiva, para para esixir o establecemento en todos os convenios dun salario mínimo garantido de 1.000 euros ao mes, e ao Goberno para esixir o aumento progresivo do Salario Mínimo Interprofesional ata alcanzar antes de 2020 a contía de 1.000 euros mensuais (actualmente é de 707,7 euros).