xoves, 7 de setembro de 2017

NOVA REDE SOCIAL

                                                                                    


A Federación de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos (FeSP) de UGT deseñou a rede social Traballar no Público que informa e permite ordenar e canalizar a información sobre toda Oferta de Emprego Público (OEP) que se convoque no país. O seu obxectivo é darlle a máxima difusión a todas as prazas que se convoquen desde as distintas administracións públicas e facilitar o acceso aos cidadáns.

A rede, pioneira no seu xénero, está deseñada en grupos de traballo, e nela publicarase a información por sectores laborais (sanidade, ensino, xustiza, servizos sociais, AGE, local, autonómico, policías, bombeiros, etc.) e por territorios (comunidades e cidades autónomas).

Todas as publicacións permiten realizar un seguimento das mesmas. Desta maneira, se unha persoa adscríbese ao seguimento dunha publicación recibirá toda a información do proceso selectivo no que teña interese conforme este se vaia actualizando (datas e lugares das probas, listaxes de admitidos e excluídos, períodos de reclamación, exercicios, etc.).

  • VIDEO