xoves, 24 de agosto de 2017

PRECARIZACIÓN







As actividades vinculadas ao sector do turismo son fiel reflexo do modelo avalado pola reforma laboral do Goberno, de precariedade e baixos salarios e tamén unha mostra da inxustificable e alarmante brecha de xénero que sofre o noso país. Os datos constatan as discriminacións que sofren as mulleres en actividades xa de por se precarizadas. Así, en Hostalería  onde as mulleres constitúen algo máis da metade do emprego (53,68% das persoas que traballan no sector son mulleres) cobran de media 12.563,08 euros, un 25,01% de media menos que os homes e un 45,63% menos do salario medio anual. Algo similar ocorre no Comercio, onde a brecha salarial sitúase no 28,67% con respecto aos homes.

O turismo xera moita riqueza en España (un 11,1% do PIB segundo o Instituto Nacional de Estatística) e as actividades vinculadas a este sector (que teñen que ver co comercio, a hostalería e  o transporte) dan ocupación a 5.578.000 persoas, é dicir o 30% das persoas con emprego en España (segundo datos da Enquisa de Poboación Activa do 2ª trimestre de 2017). Case a metade delas 2.566.500 son mulleres (o 46,01%). Pero estas actividades reflicten tamén un modelo laboral inxusto e precario, que afectan especialmente as mulleres.

UGT considera que ademais de cantidade o Goberno debe propiciar a calidade do emprego, para o que é necesario derrogar a reforma laboral e da que se aproveitan as empresas que fan a seu agosto aforrando en base a rebaixar as condicións laborais e salariais dos traballadores.