martes, 1 de agosto de 2017

EMPREGO DE CALIDADE NO FUTURO DIXITAL












A publicación por parte do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital (MINETAD) da Consulta Pública sobre a Estratexia Digital que o Goberno busca poñer en marcha é aplaudida polo Sindicato, que considera este feito como o comezo dun necesario debate sobre as consecuencias da transformación digital.

UGT entende que estamos inmersos nunha revolución dixital que se acelera día a día, que cambiará moitos dos cimentos da Economía e da Sociedade en xeral, pero sobre todo, que terá un forte impacto no emprego e, indo máis aló, consecuencias profundas nas relacións entre todos os actores implicados, xa sexan empleadores, empregados, plataformas, sindicatos e administracións públicas.

O sindicato valora positivamente que a consulta contemple como un dos os seus eixes fundamentais o Emprego e a Cidadanía Dixital, outorgando a ambas cuestións a importancia que se merece dentro do contexto transversal que representa a dixitalización.