A Secretaria de Políticas Sociais, Emprego e Seguridade Social de UGT, Mari Carmen Barrera, e o Secretario de Políticas Públicas e Protección Social de CCOO, Carlos Bravo, presentaron no día de hoxe as marchas dos xubilados por unhas pensións dignas, que percorrerán todo o país desde o 30 de setembro ao 9 de outubro, nunha roda de prensa na que participaron, ademais, os Secretarios Xerais da Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT e a Federación de Pensionistas de CCOO, Anatolio Díez e Julián Gutiérrez.
Unhas marchas "ante un Goberno que non responde a ningunha das propostas das organizacións sindicais, nin da maioría parlamentaria que nos apoia, para revalorizar as pensións e soster o sistema de Seguridade Social", como sinalou Barrera.
"As pensións están seriamente ameazadas pola reforma do PP de 2013.
Existe unha situación astronómica de déficit da Seguridade Social e os
pensionistas perden ano a ano poder adquisitivo, pero a única solución
do Goberno, cun aumento da economía no noso país, é recortar as
pensións", manifestou.