UGT alerta que a poboación en idade laboral descende en Galicia en case 40.000 persoas na última década
Galicia segue unha tendencia contraria á maioría das comunidades autónomas que si incrementan esta poboación nos últimos dez anos
Unha
análise da evolución da poboación en idade laboral en Galicia, é
dicir, aquela que ten 16 ou máis anos, reflicte unha tendencia
negativa moi á baixa cunha perda de 39.400 persoas na última
década, dende o primeiro trimestre de 2007, antes da crise, ao mesmo
período do 2017.
Unha tendencia que resulta moi preocupante e que, evidentemente, ten
detrás dúas causas, o efecto poboación dunha pirámide cada vez
máis truncada e envellecida, e, por outra banda, un mercado laboral
deficitario en oportunidades de futuro que obriga a moitos a saír
fóra e impide sumar novos efectivos procedentes doutras comunidades
ou países. Non obstante, esta é a pescada que se morde a cola. O
envellecemento poboacional, motivado polos baixos índices de
nacementos, de seguro, que ten, na maior parte dos casos, a súa
orixe na falta de oportunidades de futuro e nun mercado laboralcontraído e cada vez máis precario [...]