Día da Patria Galega de 2017
Unha
data que serve para a celebración pero na que tamén, de seguro,
haberá un espazo para a lembranza das vítimas do sinistro de
Angrois, o sentir polos falecidos que permanecen
na memoria de todos aínda catro anos despois do tráxico suceso, o
sentir polas súas familias e tamén o sentir por todos aqueles que
se salvaron pero que aínda padecen secuelas, tanto físicas como
psíquicas.
Unha
data que tamén debe servirlle aos galegos
para a reivindicación, para demandar un presente e un futuro mellor
para Galicia e para os seus cidadáns. Porque, despois de tres anos
de crecemento, a percepción das familias traballadoras non é tan
positiva e as propias estatísticas oficiais mostran que o crecemento
da economía non se está repartindo por igual entre toda a poboación.