
UGT valora o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
As medidas económicas deberían ir acompañadas de medidas laborais
A Unión Xeral de Traballadores valora o Pacto de Estado contra a violencia de xénero alcanzado no día de onte por todos os grupos parlamentarios na Subcomisión parlamentaria do Congreso dos Deputados. Para o sindicato, aínda que estas medidas son moi positivas para erradicar a violencia de xénero, aínda son insuficientes á espera de coñecer o contido definitivo do acordo, que se aprobará o próximo 28 de xullo na Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados.

Un permiso ou licenza retribuída por un período mínimo de dous meses, similar ao que teñen recoñecido as empregadas públicas que se acollen a unha excedencia por ser vítimas de violencia de xénero.
Que se recolla legalmente que as traballadoras vítimas de violencia de xénero non sufrirán ningún prexuízo laboral ou económico ocasionado polas ausencias ou baixas médicas derivadas da súa situación, independentemente de que teñan acreditada ou non a súa situación.
