xoves, 27 de xullo de 2017

NEGOCIACIÓN COLECTIVA










UGT e CCOO advirten que a actitude das organizacións empresariais nesta negociación devalúa o proceso de diálogo social e asesta un duro golpe á credibilidade dos seus interlocutores, un feito que nos provoca unha profunda dúbida sobre futuros escenarios de concertación; o que non modifica o noso convencimiento sobre a necesidade do diálogo social, aínda noutro escenario e ámbito de negociación, como ferramenta para combater a precariedad e a desigualdade.

UGT e CCOO destacan o resultado final deste longo e irregular proceso de negociación en torno ao AENC 2017 é unha falta de respecto tanto ao diálogo social, como a millóns de traballadoras e traballadores pendentes de actualizar os seus convenios. Ambas organizacións sindicais resaltan que o obxectivo do acordo era mellorar sustancialmente os salarios, por xustiza social e porque o seu impacto, sen dúbida, impulsará a actividade económica.


A negociación colectiva enfróntase a un outono difícil e os sindicatos saberemos afrontala con decisión e solvencia, e estudaremos a convocatoria dunha ampla campaña de información e movilización en defensa do salario (tamén do poder adquisitivo perdido ante o NON acordo de 2017), o emprego de calidade e a protección social.