O premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns, recaeu na Asociación Galega do Patrimonio Industrial, polo seu traballo de investigación, defensa e divulgación do Patrimonio Industrial Galego.
O premio Investigación e Divulgación Histórica, recalou no historiador Luís Lamela García, pola súa extensa traxectoria, dende 1987, na investigación e recuperación da memoria histórica en Galicia, fronte o esquecemento e o silencio. Achegando ás novas xeracións un coñecemento necesario para saber do noso pasado, comprender o noso presente e evitar cometer os mesmos erros no futuro.