Os datos da Enquisa Anual de Estrutura Salarial de 2015 reflicten un aumento dos salarios un 1,1%, o que supuxo que gañasen 1,6 puntos de poder de compra ese ano. Para UGT, este aumento é totalmente insuficiente, máis aínda cando os salarios medios perderon entre 2009 e 2013 máis de sete puntos de poder de compra. O salario dos indefinidos reduciuse un 0,7%, o dos temporais é un 33% inferior ao dos indefinidos e a porcentaxe de traballadores con salarios inferiores ao SMI é case 4 puntos maior que en 2008. A realidade do noso país é que as políticas do Goberno xeraron empregos e salarios de miseria e a recuperación só está a beneficiar ás arcas das empresas. Por iso, UGT reclama outras políticas centradas en cambiar o modelo produtivo, para xerar máis riqueza; mellorar o emprego, eliminando a precariedade e a temporalidade abusiva; subir os salarios, co fin de consolidar a recuperación e reducir os niveis de desigualdade e pobreza; estender as redes de protección social; e reformar a política fiscal, para recadar máis e de maneira máis xusta, mellorando a redistribución da renda.
NA LIÑA
xoves, 29 de xuño de 2017
SALARIOS NON PRECARIOS