

UGT-Galicia insta á Xunta a que aproveite os Orzamentos de 2018 para garantir un compromiso real co emprego, a economía e os servizos públicos
O peche de centros educativos, as mobilizacións nos sectores do transporte, metal e seguridade privada e a incerteza que atravesan os traballadores afectados pola compra do Popular debuxan un panorama pouco consoante coa tan publicitada recuperación
Mentres
a recuperación é unha quimera para os traballadores, as contas públicas
tanto do Goberno central como do galego danlle as costas ás familias
Unha
vez máis, o Comité Nacional de UGT-Galicia, reunido hoxe en Santiago
denunciou que, a pesar de levar tres anos de crecemento do PIB e cunha
expectativa de que continúe medrando, a percepción entre as familias
traballadoras non é tan halagüeña, e as propias estatísticas oficiais
mostran que o crecemento da economía non se está repartindo por igual
entre toda a poboación.
Aínda que a
riqueza xerada recuperou xa os niveis previos á crise e os beneficios
empresariais superaron ese nivel pre crise, nin a cantidade de empregos,
nin a súa calidade, nin a renda dos traballadores alcanzaron devandito
nivel.

Neste
contexto, as traballadoras e traballadores pobres e o número de persoas
que caen baixo do limiar da pobreza e a exclusión social esténdense,
consolidando a fractura social e a sociedade dual.
Se
a iso engadímoslle os efectos da imposta reforma das pensións da pasada
lexislatura, o número de persoas excluídas da recuperación aumenta espectacularmente.