xoves, 18 de maio de 2017

DEREITO A FOLGA












O Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez, mostrou o agradecemento de UGT e do movemento obreiro a Rubén Ranz e José Manuel Nogueiras, "porque sindicalistas como eles son  os que nos permiten, cada día, a loita para conseguir melloras  e os que nos permiten hoxe levantar a bandeira para derrogar o artigo 315.3 do Código penal e o 172 parcialmente, que criminalizan o dereito de folga". Álvarez fixo estas declaracións na asemblea multitudinaria celebrada por UGT en apoio e solidariedade con estes dous compañeiros procesados por participar nun piquete informativo na folga xeral do 29 de marzo de 2012 contra a reforma laboral do Goberno do PP.
Álvarez cualificou de boa noticia que o Congreso aprobase a toma en consideración de Podemos para derrogar e modificar o Código penal, pero fixo un chamamento a que a maioría parlamentaria aprobe a proposición de lei rexistrada por ambos os sindicatos onte no Congreso dos Deputados  para reformar o código penal para a descriminalización do exercicio do dereito de folga."Quérolles pedir que se poñan de acordo para non perder a oportunidade de que finalmente unha maioría de esquerdas,  de progreso,  unha maioría de decencia democrática, aprobe no noso país o final deste calvario para os sindicalistas e para os dereitos dos traballadores e traballadoras"- dixo.