Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal
As mulleres sofren máis enfermidades profesionais, a pesar de ter menos peso na ocupación no mercado laboral
Un ano máis, este 28 de abril, convértese nunha data na que os
sindicatos van alzar a súa voz en lembranza e recoñecemento público
de todos os traballadores falecidos ou vítimas dunha enfermidade por
causas laborais. Esta data tamén serve para denunciar e poñer en
evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que
tanto as empresas como as administracións teñen grandes
responsabilidades nesta materia. Este ano esta data UGT a celebra
baixo o lema “A discriminación dánanos a todas as persoas”.
Dende UGT-Galicia denúnciase que, 21
anos despois da publicación da Lei de prevención de riscos
laborais, constátase que gran parte dos seus obxectivos están aínda
pendentes. Esta situación de incumprimentos agudizouse polas
políticas de axuste impostas polos gobernos do PP en Madrid e en
Galicia, sobre todo, pola reforma laboral.