A cuarta parte dos desempregados galegos, case 50.000 persoas, levan catro ou máis anos nesta situación
O desemprego de longa duración converteuse nun elemento estrutural. UGT-Galicia reitera que algo falla nas políticas aplicadas polas administracións
UGT-Galicia
ven reiterando nas súas mensaxes que algo está fallando. Non se
pode negar que a situación a nivel macroeconómico mellora pero é
moi discutible que esta realidade se traslade ás familias que seguen
a ser as vítimas dos recortes, precariedade no emprego, baixos
salarios e altos índices de desemprego estrutural que provocan
pobreza e situacións de exclusión social.
Precisamente,
no relativo ao desemprego de longa duración os datos son desoladores
e evidencian un problema que xa se converteu en estrutural, nunha
gran lacra para a que, á vista dos datos, a Xunta non parece atopar
solucións.