12 razóns para reivindicar o mesmo
UGT quere abanderar
mes a mes unha reivindicación sindical e social sobre aspectos esenciais do
estado de benestar. Para iso vai trasladar publicamente, a través da súa
bandeira, e con cores, doce razóns para a reivindicación, a través de todos os
seus medios de difusión.
Así,
neste mes, no que celebra o Día Internacional da Seguridade e Saúde no
Traballo, reivindicaranse as políticas de prevención, visualizando a bandeira
amarela nas nosas notas de prensa e previsións informativas, etc.
Maio, o mes, no que se celebra o Primeiro de Maio, quérese reivindicar o
respecto aos dereitos fundamentais e das políticas en defensa do público.
A causa ou razón de xuño alzará a voz polo medio ambiente, a agricultura, a
gandería e o mundo rural.
Xullo, será o mes da pluralidade, da diversidade e da inclusión en todos os aspectos e visualizarase coa bandeira multicolor, como non podía ser doutra forma.
A razón de agosto é a Mocidade, facendo fincapé nos seus problemas e as súas
reivindicacións. Non hai que esquecer que o día 12 de agosto é o Día
Internacional da MocidadeSetembro será o mes da negociación colectiva, do delegado sindical.
A razón de outubro será o traballo decente, a de novembro a loita contra
a violencia de xénero e decembro será o mes da solidariedade.
Outras reivindicacións foron no mes de xaneiro: a educación, a transparencia das políticas, a calidade e a responsabilidade da xustiza. A razón do mes de febreiro foi o desenvolvemento tecnolóxico e marzo foi o mes das políticas de igualdade.