Centos de delegados da área pública de UGT (FeSP) e CCOO denuncian diante do Parlamento galego a ausencia de negociación da Xunta e demandan a recuperación dos dereitos roubados
[...]Esta nova mobilización enmárcase na campaña “Servizos públicos.Recuperación de dereitos roubados” que ambos sindicatos están a desenvolver en Galicia xa dende o mes pasado e que afecta a ensino, sanidade e Administración autonómica. Lembrar que xa tivo lugar outra concentración similar diante do Pazo do Hórreo o pasado día 25 de xaneiro, o día 31 convocáronse tamén concentracións nas catro sedes provinciais da Xunta e o 1 de febreiro foi a explanada do Sergas a que acolleu unha mobilización para demandar a recuperación dos acordos conxelados dentro do eido da sanidade pública galega[...]
[...]Ambos sindicatos insisten en que o proxecto de orzamentos para o ano 2017 non contempla a recuperación de dereitos, nin incremento salarial, nin supresión de taxas de reposición e, ademais, acompáñanse dun proxecto de Lei de medidas de contrarreforma da Lei do emprego público de Galicia que nalgúns casos vulneran pactos e acordos coas organizacións sindicais[...]
CCOO e UGT demandan que os
Orzamentos de 2017 habiliten un proceso de negociación para a
recuperación de dereitos roubados:
- Eliminación da taxa de reposición.
- Ofertas excepcionais de emprego en sanidade, ensino, Administración xeral e laborais.
- Recuperación real e efectiva do poder adquisitivo.
- Aplicación do V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, na súa totalidade.
- Recuperación de pactos e acordos suspendidos.
- Recuperación de dereitos suspendidos (IT, acción social, dereitos sindiciais…).
Isto foi o que centos de delegados da
área pública de UGT e CCOO demandaron hoxe na concentración que
protagonizaron diante do Pazo do Hórreo en Santiago.
POLA
RECUPERACIÓN DE DEREITOS, EMPREGO E SALARIOS