UGT-Galicia alerta do avance imparable da precariedade tanto no emprego como no desemprego
A forte saída de traballadores do mercado laboral do sector servizos tras o Nadal evidencia a estacionalidade do emprego que se crea
Dende
UGT-Galicia, e ante os datos do paro feitos públicos hoxe, alértase
do carácter estacional de boa parte do emprego creado e do avance
imparable da precariedade, tanto no emprego como no desemprego, así
como, da extensión do paro de longa duración e o descenso
continuado da cobertura por desemprego. Para o Sindicato, urxe frear
esta precarización xeneralizada e recuperar os dereitos dos
traballadores, para o cal, hai que derrogar na súa totalidade as
reformas laborais, que só conseguiron precarizar aínda máis as
condicións laborais.
Galicia
remata o mes de xeneiro con 212.078 persoas en situación de
desemprego, medrando o 2,99 por cento con respecto ao mes anterior,
6.164 desempregados máis. Unha evolución máis desfavorable que no
resto do Estado onde o crecemento foi do 1,55 por cento.
En
relación a hai un ano, o paro baixa nun 10,3 por cento, con 24.369
desempregados menos.
[...] A
análise realizada por sectores reflicte que, tras o remate da
campaña de Nadal e do groso das rebaixas, o paro medra no sector
servizos nun 4,9 por cento, 6.465 desempregados máis. Isto evidencia
a estacionalidade e temporalidade do mercado laboral galego.
O
paro tamén medra no sector da construción nun 0,63 por cento, con
menor contundencia porque o gran incremento xa se deu en decembro; e
no colectivo de sen emprego anterior o incremento foi tamén dun 0,64
por cento. No ano o desemprego diminúe en todos os sectores.

Afondando
máis nisto, obsérvase, analizando os datos ao peche do ano 2016,
que a contratación indefinida tamén é cada vez máis precaria. De
todos os contratos indefinidos rexistrados no 2016, o 34 por cento
foron a tampo parcial. Se a contratación indefinida inicial a tempo
completo medrou no 2016 nun 1,6 por cento, a contratación indefinida
a tempo parcial o fixo nun 4,3 por cento. Pero é que a contratación
fixa discontinua creceu o ano pasado nun elevadísimo 32 por cento.
Daquí
dedúcese a cada vez máis evidente precarización do mercado laboral
pero tamén no relativo aos contratos indefinidos[...]