luns, 16 de xaneiro de 2017

SUMISTRO ELÉCTRICO: UNIVERSALIDADE.










A Unión General de Traballadores considera que a recente aprobación do Real Decreto-lei 7/2016, de 23 de decembro, polo que se regula o mecanismo de financiamento do custo do bono social e outras medidas de protección ao consumidor vulnerable de enerxía eléctrica é insuficiente aínda que a considera un avance positivo que pode paliar situacións como os cortes en casos de pobreza extrema, pero resulta insuficiente.
Moitas das situacións que se están producindo, teñen a súa orixe no incremento vertixinoso da factura da luz, por iso, é fundamental unha reforma en profundidade do mercado eléctrico que estableza o prezo de Kwh en función do seu custo real de xeración, algo que terminaría co actual sobrepago ás empresas eléctricas.
Ademais, deberíase revisar o conxunto de conceptos incluídos na parte fixa das tarifas eléctricas (potencia contratada), para determinar a procedencia dos que deban ser asumidos polo conxunto de consumidores, permanecendo na tarifa, e os que proceda que sexan sufragados polos Orzamentos Xerais do Estado por ser máis propios doutras políticas sectoriais, industriais ou territoriais.
O sindicato defende que é preciso reducir a fiscalidade destas subministracións básicas, aplicando o IVE súper reducido, no marco dun modelo fiscal xusto, progresivo e suficiente como o que debe contar o noso país; lembrando que, no caso da subministración de auga, outro ben esencial, o IVE aplicado é do 10%.
Para UGT, o bono social, deberíase desenvolver por medio dunha lei que estableza a garantía do acceso de toda a poboación a unha subministración básica de electricidade, e que defina os destinatarios do mesmo, é dicir, que se entende por consumidor vulnerable, con criterios baseados fundamentalmente nos ingresos e o número de membros das familias.
Neste sentido, o sindicato propón o establecemento de varios niveis de axuda nestes bonos, en función dos referidos ingresos e do número de membros da unidade familiar, implantando varios tramos baseados nestes criterios; que se eliminen as referencias á potencia contratada ao considerar que este parámetro carece de relevancia a estes efectos, así como á tarifa á que se atopen acollidos os consumidores beneficiarios; e tamén se debería eliminar o requisito de familia numerosa porque tampouco discrimina situacións de vulnerabilidade.
En definitiva, o criterio que debe prevalecer é o das rendas e ingresos e deberíase considerar como consumidores vulnerables e por tanto, a aplicar o bono social, a todos os consumidores de electricidade cuxa unidade familiar se atope por baixo dos niveis de renda que se definirán en función do IPREM que na actualidade ascende a 7455,14 €/ano (532,51 €/mes). Para o conxunto dos colectivos afectados, eliminaríase na factura eléctrica o imposto da electricidade do 4,96% e aplicaríase o tipo súper reducido do 4% de IVE.