venres, 7 de febreiro de 2014

INDULTO PARA OS COMPAÑEIROS CARLOS E SERAFÍN.


 


Os sindicatos e a cidadanía en xeral, solicitamos o INDULTO para Carlos e Serafín




Estes dous compañeiros foron condeados a 3 anos de cadea por participar na Folga do ano 2008, con motivo do conflicto polo Convenio de Transportes de Mercadorias da provincia de Pontevedra.
A pesar de quedar libres de calquera cargo por danos, foron inxustamente "axusticiados" por unha sentenza que creemos ten un caracter opresor sobre as movilizacións da clase traballadora e da cidadanía en xeral. Esa sentenza os considera cumpables dun delito establecido no Código Penal (art. 315.3) no tocante os dereitos dos traballadores en materia de folga. E aplicouselle a máxima pena prevista por ese delito.
Ainda que non teñen antecedentes penais de ningunha índole, perderon o recurso ante a Audiencia Provincial e se lles negou o indulto total e parcial. Agora os seus fillos de 3, 8, e 9 anos poderán ser testemuña de como os seus pais ingresan na cadea por defendeer os dereitos de todos os traballadores.
Por tal inxustiza, perdimos a cidadanía que asine a petición dun segundo e definitivo INDULTO e a paralización do ingreso en prisión.

(Formulario para enviar coas sinaturas a: Federación de Transportes, Comunicacións e Mar, TCM-UGT; R/Miguel Ferro Caaveiro, 12, 1º (San Lázaro);15707 - Santiago de Compostela)

Acude a MANIFESTACION en apoio os compañeiros Carlos e Serafín, e POLO INDULTO destes compañerios o vindeiro DOMINGO 9 DE FEBREIRO AS 11:30h (Saída dende a Praza de España)