A
Alianza Social Galega convoca mobilizacións para o vindeiro 27 de
febreiro en varias localidades galegas baixo o lema "Por outra saída da
crise", buscando unha resposta colectiva ás nefastas políticas
antisociais que impoñen os gobernos de Galicia e do Estado español. Así o
anunciaron os secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; da
CIG, Xesús Seixo; e do S.N. de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, que
compareceron esta mañá en rolda de prensa acompañados de representantes
doutras organizacións que forman parte da Alianza Social Galega.