xoves, 12 de novembro de 2020

EMPREGO

                                                                                     
 

                                                                                                  


Crece o paro e a contratación é practicamente toda temporal, o 90,82%

UGT esixe máis protección social, manter os ERTE e usar os fondos europeos para transformar o modelo produtivo e recuperar ás persoas

Ante os datos feitos públicos hoxe relativos ó paro do mes de outubro, UGT-Galicia esixe máis protección social, manter os ERTE e usar os fondos europeos para transformar o modelo produtivo e recuperar ás persoas.

  • Estes datos reflicten a necesidade de garantir a saúde en primeiro lugar, para permitir que a recuperación chegue coa menor incerteza posible evitando así os empregos temporais e as condicións abusivas. Se a crise sanitaria non se controla, a economía continuará véndose afectada de maneira negativa, polo que se deben poñer todos os esforzos posibles en que a sanidade sexa a prioridade absoluta para que os postos de traballo e o tecido empresarial poidan comezar a súa recuperación.
  • No contexto actual, o sistema de protección por desemprego debe soster a renda daquelas persoas que se viron máis afectadas pola pandemia. E, para a súa reincorporación ao mercado laboral, urxe poñer en marcha unhas políticas activas de emprego efectivas e suficientes e que os Servizos Públicos de Emprego conten con medios á súa disposición para que a recuperación sexa exitosa.
  • Ademais, neste sentido, UGT insta a aproveitar este momento de excepcionalidade para que o noso modelo produtivo se base nun crecemento sostible, respectuoso co medio ambiente e cun emprego baseado na calidade. Todos os plans de recuperación que se implementen, tanto a nivel de Galicia como do resto do Estado deben ir nesta liña de traballo.
  • En concreto, segundo as cifras facilitadas hoxe polo Ministerio de Traballo, en Galicia no mes de outubro o número de persoas en desemprego sitúase en 181.307, medra con respecto a setembro en 4.733, sube o 2,68% (1,31% no Estado).