mércores, 5 de decembro de 2018

CONSTITUCIÓN








UGT, ante o 40 Aniversario da Constitución Española


A Confederación Sindical Unión Xeral de Traballadores, ante a celebración do 40 Aniversario da Constitución Española, considera imprescindible lembrar que hai mandatos constitucionais cuxo pleno desenvolvemento foi relegado durante anos e sen os cales non se poden entender ao noso país como o Estado Social que proclama a propia Constitución. O sindicato considera que o marco constitucional aprobado pola cidadanía en 1978 fixo posible o noso crecemento en paz e liberdade, así como afrontar os grandes problemas vividos nestes anos como as ameazas involucionistas, o terrorismo ou as tensións territoriais, pero sería un erro centrarnos na compracencia ou en debates sobre posibles reformas –seguramente convenientes- que unha vez máis relegasen do debate público o que está pendente.

    Resultado de imaxes para CONSTITUCION ESPAÑOLA GIFS
  • O Título Primeiro da Constitución recolle dereitos e deberes fundamentais como o dereito de reunión pacífica (artigo 21.1), o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses (artigo 28.2), o deber de traballar e o dereito ao traballo (artigo 35.1), o deber de todos de contribuír ao sostemento dos gastos públicos nun sistema tributario xusto (artigo 31.1), o dereito á negociación colectiva entre os representantes dos traballadores e os empresarios e a forza vinculante dos convenios colectivos (artigo 37.1), o deber dos poderes públicos de promover unha distribución da renda rexional e persoal máis equitativa (artigo 40), o dereito de todos os españois a gozar dunha vivenda digna e adecuada (artigo 47), ou a obrigación dos poderes públicos de garantir pensións adecuadas e periodicamente actualizadas (artigo 50).

Todos eses dereitos, liberdades e obrigacións (e algúns outros como o dereito á liberdade de expresión e a recibir información veraz) foron relegados, recortados ou directamente criminalizados na práctica política destes anos, con maior intensidade durante a gran crise económica. A forza vinculante deses artigos é a mesma que a do resto de preceptos constitucionais, non son expresións utópicas senón preceptos coa mesma forza legal que os demais, e condicionáronse coa espuria e vergonzante reforma do artigo 135 realizada en 2011 e nunca apoiada expresamente pola cidadanía. Derrogar a reforma do 135.