mércores, 10 de outubro de 2018

DEVOLUCIÓN IRPF POR MATERNIDADE












Por mor da recente sentenza do Tribunal Supremo, Sala do contencioso-administrativo, de data 3 de outubro de 2018, a Unión Xeral de Traballadores desenvolve unha campaña na que insta a que os traballadores/ as reclamen a devolución das retencións de IRPF que indebidamente se lles veu aplicando nas prestacións por maternidade da Seguridade Social.

  • Para iso elaborouse un formulario tipo -PREME- que debe ser cumprimentado cos datos dos traballadores/ as que desexen reclamar.
  • Unha vez presentada a solicitude, se no prazo de 6 meses non existe resolución expresa da Axencia Tributaria (AEAT), deberase interpoñer a correspondente reclamación ante o Tribunal Económico Administrativo. Se finalmente a resolución deste último fose negativa abriríase entón a vía xudicial.

En principio pódese reclamar a devolución desde o exercicio 2014. 

Formas de presentar a solicitude:

SOLICITUDE DA DEVOLUCIÓN POR ESCRITO:
Presentar o formulario escrito solicitando a “rectificación da autoliquidación do IRPF do exercicio correspondente” dirixido á Administración da AEAT onde teña o seu domicilio fiscal. 
Por percibir a prestación de maternidade por parte da Seguridade Social, declarada exenta por sentenza do Tribunal Supremo.
Devandito escrito pode presentarse no Rexistro da AEAT ou en calquera Rexistro Xeral. 

SOLICITUDE DA DEVOLUCIÓN POR INTERNET:
Outra opción, para os exercicios 2016 e 2017, é realizar a rectificación da declaración presentada a través do programa Renda Web dispoñible na páxina www.agenciatributaria.es. 

  • Acceso para 2016: Nesta ligazón <-- Unha vez dentro da ligazón, débese seleccionar: Servizo tramitación de borrador / declaración (Renda WEB) 
  • Acceso para 2017: Nesta ligazón <-- Unha vez dentro da ligazón, débese seleccionar: Servizo tramitación de borrador / declaración (Renda WEB).

ÚLTIMA HORA.:

  • MARTES OU MÉRCORES, DA PRÓXIMA SEMÁN, A AXENCIA TRIBUTARIA HABILITARÁ UN ESPAZO NA SÚA WEB CUN FORMULARIO DE SOLICITIDE.
  • TAMÉN PÓDESE PEDIR QUENDA NÁS DELEGACIÓNS DA AXENCIA A NIVEL AUTONÓMICO. DENDE O DÍA 15/10/2018.