venres, 13 de xullo de 2018

SUSO MOSQUERA







UGT-Galicia e a Fundación Luís Tilve celebraron  en Santiago unha emotiva homenaxe a Suso Mosquera na que se destacou o seu legado sindical

Todas as intervencións destacaron a súa honestidade, coherencia e compromiso cos traballadores e coa sociedade en xeral

Ao longo da mañá do xoves tivo lugar en Santiago, no Edificio Cersia, unha emotiva homenaxe ao que fora secretario xeral de UGT-Galicia dende o ano 1980 ata o 2005, Suso Mosquera.

Foron moitos os que interviron e coincidiron no fondo legado que Suso deixa no eido sindical en Galicia, pero cunha proxección a nivel de toda a UGT no Estado; na súa loita incansable polos dereitos dos traballadores e por unha sociedade mellor e máis xusta; e todo isto posto en marcha baixo os preceptos da honestidade, coherencia e compromiso que o acompañaron sempre na súa andaina sindical, política e persoal.