venres, 15 de xuño de 2018

PROF. INTERINO. RECUPERACIÓN DE DEREITOS







 
Grazas á negociación, sindicatos como UGT conseguimos que ata o ano 2011 a tónica xeral fose que os profesores e profesoras contratados ao comezo de curso para cubrir unha praza vacante en centros públicos estivesen empregados ata o 31 de agosto do ano seguinte, ou ata o 14 de setembro -no caso de ensinos medios-; é dicir, por todo o curso escolar. Como consecuencia, durante os meses de xullo e agosto seguían cobrando normalmente e completaban as tarefas de setembro cos exames de recuperación. 
 
Desde o ano 2012, os profesores interinos dos corpos docentes han tido que enfrontarse a unha situación que se repetiu na maior parte das comunidades autónomas: o seu despedimento o 30 de xuño, xerando desigualdades importantes, non só con respecto ao profesorado funcionario, senón entre os propios docentes interinos e por territorio -é distinto contrato por vacante ou por substitución-. Neste momento, segue habendo comunidades nas que as contratacións por substitución, como é o caso de Castela- A Mancha, seguen sen percibir a retribución do verán.
 
 Desde UGT valoramos de maneira positiva a sentenza do Tribunal Supremo que considera ilegal que os profesores interinos que son contratados en setembro para exercer durante todo o curso escolar sexan cesados o 30 de xuño e non se lles pague os meses de xullo e agosto, xa que pode servir para que as administracións educativas recoñezan de oficio un dereito que doutra forma tense que reclamar individualmente. 
 
UGT defende que o profesorado interino recupere os dereitos perdidos desde que se empezaron a aplicar os reais decretos de recortes, xa que entendemos que non pode haber discriminación do profesorado interino fronte aos seus compañeiros funcionarios de carreira.