"É hora de mudar o xeito de ver as cousas, é urxente pensar no futuro,
nas xeracións que veñen detrás", ás que "non queremos deixar" esa
herdanza envelenada, advirten. É por iso que apelan á "obriga do Gobenro
galego de defender o conxunto de galegos e galegas" para reclamarlle
que "paralicen o proxecto e deneguen a autorización" de reapertura e
ademais, para que granta "a restauración do dano causado pola anterior
explotación. "Non á destrución do campo e do mar, non á mina!",
proclamaron as arredor de 20.000 persoas que se uniron á protesta -a
praza do Obradoiro mide uns 5 quilómetros cadrados e encheuse
amplamente-
Todos os ríos e regatos que arrodean a antiga mina de cobre de Touro e O Pino están contaminados. Confírmao Augas de Galicia cos datos das analíticas realizadas en todos os puntos de control da contorna
dunha explotación mineira que agora quere reabrir Cobre San Rafael,
participada pola multinacional Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas,
malia o forte rexeitamento social. Os resultados das análises,
solicitados pola entidade ecoloxista Adega o pasado 9 de abril, son
demoledores e engaden máis presión á Xunta ante a mobilización cidadá e
política que lle reclama que denegue a autorización para o novo proxecto
megamineiro previsto.
Confírmase o que leva anos sendo denunciado, pero o que nos
causa incerteza é pensar por que non se ten actuado antes para subsanar
os problemas e en que tipo de informe vai emitir a Xunta sobre o novo
proxecto, visto o visto", din desde a plataforma Mina Touro O
Pino Non, colectivo que xunto coa Plataforma en Defensa da Ría de Arouse
e outras moitas entidades chaman á manifestación coa que intenterán
"encher" o Obradoiro o vindeiro domingo 10 de xuño. COMO ASI FOI.
P.D. Convenio de Aarhus sobre acceso á información, participación do público na toma de decisións e acceso á xustiza é un tratado internacional que regula os dereitos de participación cidadá en relación co medio ambiente. Foi asinado en 1998 e entrou en vigor o 31 de outubro de 2001.
O Goberno de España ratificou o devandito convenio en decembro de 2004 e
dous anos despois, en 2006, aprobou a Lei 27/2006, pola que se regulan
os dereitos de acceso á información, de participación pública e de
acceso á xustiza en materia de medio ambiente, na que España aplica as
súas esixencias. Este acordo recolle un mecanismo de control do
cumprimento que permite aos cidadáns denunciar incumplimentos do
tratado.