venres, 4 de maio de 2018

PARO







Os datos facilitados hoxe polo SEPE e referidos ao paro rexistrado no mes de abril reflicten unha baixada do desemprego en Galicia, aínda que esta vése acompañada dunha diminución das taxas de cobertura ás persoas en paro e cun nivel cada vez máis alto de precariedade na contratación.
  • Os máis mozos, os menores de 25 anos, tamén presentan unha evolución máis negativa que o resto de idades, xa que no mes de abril o paro practicamente mantense, xa que o descenso tan só é dun 0,3%. E no ano si manteñen a tendencia do resto de idades, aínda que o desemprego diminúe nunha porcentaxe menos acusada, nun 9,2%.
  • Por sectores de actividade, o paro baixa en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior, onde sube nun 0,78%. En termos relativos, no sector que máis baixa é na construción, nun 4,56%; un 0,83% no primario; o 2,78% na industria; e un 1,20% en servizos. No ano o desemprego tamén baixa en todos os sectores, aínda que en termos absolutos a maior baixada rexístrase no sector servizos, baixando no ano o número de persoas desempregadas en 12.587.
  • Por outro lado, ao Sindicato preocúpalle a extensión da precariedade no propio desemprego, que se reflicte nunha ínfima taxa de cobertura, do 53,1%, tres puntos por debaixo da que se rexistra no resto do Estado. Así, en Galicia quedan fóra do sistema de protección por desemprego un total de 92.309 persoas, tendo en conta tanto os que teñen dereito a prestación como os que non o xeraron.
  •  Isto amosa un alto volume de desemprego estrutural de longa duración, sen dereito a prestacións, máis tendo en conta que o prazo de acceso aos programas PAE e PREPARA xa se extinguiu e limita a volta de moitas persoas ao emprego. Isto é consecuencia de non aplicar as políticas de emprego axeitadas. 
  • Os Orzamentos Xerais do Estado para o 2018 en materia de políticas de emprego son insuficientes, tendo en conta que estes Orzamentos por cada desempregado van destinar 6.776 euros (menos cantidade que no 2017) e 2.758 euros menos que no 2010. Un presuposto insuficiente que incide na desprotección das persoas, non fortalece o papel dos servizos públicos de emprego e esquece a necesidade mellorar a empregabilidade e inserción das persoas en desemprego, en especial en situación de longa duración.