A evolución do IPC supón, xa, perda de poder adquisitivo dos salarios.
- Coa economía crecendo ao 3%, e beneficios empresariais récord, é inadmisible que non suban os salarios.
- A negativa das organizacións patronais a pactar incrementos salariais dignos ten repercusións negativas sobre a eficiencia económica e sobre a xustiza social .
O Índice adiantado do IPC de maio reflicte un repunte ata o 2%, un aumento de nove décimas respecto da taxa de abril, debido esencialmente ao incremento dos prezos de carburantes e da electricidade. De confirmarse cando se publique o dato definitivo (o 13 de xuño), esta taxa supón a máis elevada desde abril de 2017, cando se situou no 2,6%.
O que queda claro, tal e como prevén a maioría de analistas, é que a inflación vai a repuntar no que queda do ano, e que iso repercute nunha perda de poder de compra dos salarios. Nunha situación na que o PIB está a crecer (por quinto ano consecutivo) por encima do 3%, e as empresas obteñen beneficios récord, non é admisible que os traballadores e as traballadoras vexan reducida a súa capacidade de compra, como xa sucedeu en 2017, no que os salarios reais reducíronse en 1,9 puntos porcentuais, e que se engaden á perda sufrida de 2009 a 2013 (7 puntos porcentuais).
Ata o mes de abril, xa hai 5,3 millóns de traballadores coas condicións salariais pactadas para 2018, cun incremento medio do 1,56%, polo que case con seguridade non gañarán poder de compra neste ano (estímase que o IPC medio estará en torno ao 1,5%). Esta situación non pode continuar.