
O Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez, volveu a criticar hoxe a
'ridícula' subida do 0'25% nas pensións para 2018, que supón 1'36 euros
de subida ao mes, que cualificou como "unha subida de merda", sobre todo
en comparación cos casos de Alemaña ou Francia, e deixou claro que "UGT
non asinará ningún acordo no Pacto de Toledo se non supón a derrogación
da reforma do Partido Popular". O Secretario Xeral de UGT reivindicou
iniciar un proceso, que implique a toda a sociedade, e que nos leve a
que ningunha pensión estea por baixo de mil euros.
Álvarez participou hoxe nunha asemblea de delegados e delegadas de UGT
en Barcelona baixo o lema 'Sindicalismo, a nosa forza', na que actuou
como presentador o presidente da Asociación de Actores de Cataluña,
*Àlex Casanovas, e que contou coa asistencia de máis de
mil persoas.
8 de marzo, día de loita

O Secretario Xeral de UGT asegurou que esta loita non termina no 8 de
marzo, e no Sindicato "debemos examinar cantas veces veu unha compañeira
de traballo angustiada e non fomos capaces sentarnos e
axudala, e debemos acordarnos dos miles de mulleres que non poden vivir
con liberdade, ou de todas aquelas que morreron a mans das súas
parellas".
1.000 euros, como mínimo
Álvarez lembrou que un dos obxectivos fundamentais de UGT é que os
salarios suban para adecualos ao nivel de vida actual, e criticou a
aqueles que afirman que os 1.000 euros son demasiado: "en Barcelona,
dubido que mesmo se poida pagar o aluguer con mil euros, é o mínimo",
afirmou. Por iso volveu a reclamar a derrogación das reformas laborais
que instalaron a precariedade no noso mercado de traballo.
Finalmente, o Secretario Xeral do Sindicato mostrou o seu respaldo á UGT
de Catalunya, e ás decisións adoptadas pola dirección encabezada polo
Secretario Xeral Camil Ros, e pediu aos delegados e
delegadas máis traballo para poder sobrepoñerse a un ano e medio
convulso en canto a política refírese, e que provocou un esquecemento
dos temas relevantes para os traballadores e traballadoras.