A cidadanía saiu a rúa para defender a sanidade pública, porque cos recortes, privatizacións e mala xestión está a mergullarse, a mesma, dende as propias Institucións que teñen a obriga de defendela.
Milleriros de persoas así o expresarón en Santiago de Compostela, na manifestación de este Domingo dia, 4 de febreiro. Esta participación activa cidadán, tamén serviu para amosar a unión da oposición política e dos sindicatos
respecto das reivindicacións da plataforma e dos colectivos presentes. Así UGT, por medio do seu Secretario Xeral, José Antonio Gómez, falou dunha sanidade
galega marcada pola súa "deterioración" con "urxencias colapsadas, falta
de camas", e acusou a Xunta de aplicar "reformas unilaterais con
obxectivo claro de avanzar cara a un modelo privatizador".
No seu manifesto, a Plataforma instou a Feijóo a que retire a reforma da
Lei de Saúde, que se debaterá este martes no Parlamento, por "formar
parte dunha estratexia da Xunta de privatizar a atención sanitaria,
trasladando a miles de pacientes da sanidade pública á privada", e
denunciou que "86 pacientes pasan diariamente da Sanidade Pública á privada" desde a aplicación en xaneiro da derivación dos pacientes á privada.
Afírmase que o proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde
"desmantelará os hospitais comarcais, dificultando o acceso á asistencia
especializada á poboación rural", "perpetuará estruturas de xestión
integrada que someten á Atención Primaria ás xerencias hospitalarias",
"privatizará o I+D+i, acabará coa participación social para o control da
Sanidade pública galega que pasará a ser unha pantomima" e "favorecerá a
creación de chiringuitos de xestión".
Os puntos que fixan o camiño:
- Retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde.
- Cumprir os prazos do Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias.
- Apertura dun proceso de negociación.
- "Desmantelamento dos hospitais comarcais", o "colapso" e o "proceso de privatización" da sanidade pública.
- A reforma sanitaria nunha "estratexia da Xunta para privatizar a atención sanitaria.
- Redución de ámbitos electorais de 10 a 7, coa consecuente redución do número de representantes lexítimos das persoas traballadoras do sistema, co que o goberno consegue outro dos obxectivos da súa folla de ruta, a diminución de denuncias da deterioración do sistema por parte dos representantes dos traballadores.
- PREME