O futuro do traballo pasa polo diálogo e o acordo
Pepe Álvarez reclama máis formación continua
O Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez, afirmou que “o futuro do traballo pasa polo diálogo e o acordo, abrir espazos de negociación para xerar propostas de consenso, que duren e partan da base da necesidade de repartir a riqueza que se xera en cada momento”. Neste caso a riqueza que se xera do uso das novas tecnoloxías, que deben chegar ao conxunto dos cidadáns e cidadás.
Álvarez, que fixo estas declaracións durante a súa intervención no acto de presentación do libro "O Futuro do Traballo que queremos”, promovido pola Organización Internacional de Traballo (OIT), destacou que falar de dixitalización é falar de industria e celebrou a creación dunha subcomisión sobre esta materia no Congreso.
UTG considera que para garantir un futuro de traballo baseado nos valores da xustiza social, o pleno emprego, a calidade do mesmo, con dereitos e salarios dignos e unha protección social adecuada, hai que actuar xa, e impulsar norma específica, que regule de forma sólida e transversal, os modelos de negocio da economía das plataformas dixitais. Así mesmo, deben establecerse instrumentos fiscais que sirvan para repartir a riqueza que creará a economía dixital.