4.484 grandes empresas e só 189 acordos sobre plans de igualdade rexistrados
Os convenios colectivos de sector e de empresa seguen suspendendo na
loita contra a discriminación das mulleres.
Máis da metade do persoal das grandes empresas son mulleres, aínda
así só se rexistraron 189 acordos sobre plans de igualdade.
UXT avoga por nomear comisións ou axentes de igualdade nos convenios
sectoriais, para avaliar periodicamente a aplicación das medidas de
igualdade.
A igualdade segue sendo unha materia pendente na negociación colectiva.
- O poder que o Goberno do PP deu ás empresas fronte á representación sindical propicia que a gran maioría das empresas sigan obviando a adopción de medidas específicas para loitar contra as discriminacións das mulleres no ámbito laboral.
- A igualdade segue sendo unha cuestión máis de forma e de aparencia que de fondo, por parte das empresas.