luns, 11 de decembro de 2017

INCREMENTO DO SMI




Os sindicatos consideramos necesario que se resolva o diferencial entre o Salario Mínimo Interprofesional en España respecto doutros países da Unión Europea. Chegar ao 60% do salario medio, como recomenda a Carta Social Europea, debe corrixir a anomalía histórica do SMI en España. 
  • Para UGT e CCOO o crecemento económico debe reflectirse nunha recuperación do peso dos salarios no conxunto da renda do país. Lembramos que o axuste salarial (baixada de soldos) centrouse de forma especialmente dura nos soldos máis baixos. 
  •  UGT e CCOO estamos a preparar a nosa posición para negociar a renovación do Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva que debe facer unha aposta inequívoca pola recuperación salarial, pero antes de concluír 2017 é imprescindible pechar a subida do SMI. Lembramos que a Carta Social Europea (asinada por España) establece no seu Cuarto Punto que “todos os traballadores teñen dereito a unha remuneración suficiente que lles proporcione a eles e ás súas familias un nivel de vida digno”. 
España ten o cuarto menor SMI da UE en relación ao nivel de produtividade dos países que contan cun salario mínimo. Esta anomalía histórica debe ser corrixida de inmediato. UGT e CCOO mostramos a nosa disposición para pechar esta brecha da economía española, abordando a renovación da contía do SMI tal como expúxose na reunión coa Ministra de Emprego Fátima Báñez e as Organizacións Empresariais do día 19 de setembro.​