luns, 11 de decembro de 2017

DESEMPREGO



UGT advirte de que a pesar do comportamento estacional que mostran os meses de novembro, polo inicio da campaña navideña, é significativo que nesta ocasión o desemprego non logrou descender. Asemade é destacable que a recente mellora relativa do desemprego agocha unha elevada precariedade e parcialidade debido ao tipo de empregos que se están creando, fundamentalmente temporais e a tempo parcial -a maioría involuntarios-, con remuneraciones máis baixas. 

Só un 8,34% dos contratos asinados en novembro na nosa Comunidade son indefinidos a tempo completo.
En Galicia aumenta o paro no mes de novembro nun 0,7%, crecemento superior no mes ao do conxunto do Estado, onde medrou o 0,2%. Segundo os datos do paro rexistrado deste mes, hai 187.175 persoas desempregadas en Galicia, 1.272 máis que no mes anterior. No Estado hai 3.474.281 persoas desempregadas e o paro medra en 7.255 persoas.