venres, 24 de novembro de 2017

VIOLENCIA DE XÉNERO. NON








Con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra o 25 de novembro, elaboraron un manifesto expresando o seu máis “rotunda condena e repulsa á violencia que se exerce sobre as mulleres en todos os ámbitos e a todos os niveis”. No que vai de ano 44 mulleres foron asasinadas e 8 nenas e nenos. E aínda que cada vez hai máis denuncias, “os fortes recortes en dereitos sociais e do gasto público han suposto un retroceso moi importante no desenvolvemento das políticas para a igualdade de xénero e na loita contra a violencia machista”, o que incide no incremento desta terrible secuela social. 

Os sindicatos reclaman novas medidas para eliminar os déficits nesta materia e demandaron a inmediata posta en marcha do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, co compromiso económico establecido e a súa participación activa na Comisión de seguimento e avaliación das medidas e acordos que se alcancen. Neste manifesto, as organizacións sindicais denuncian que o Plan para a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero non está funcionado adecuadamente. Así, no 2016 só se realizaron 707 contratos bonificados a mulleres vítimas de violencia de xénero e, unicamente, 173 deles foron indefinidos. 

Os sindicatos defenden, así mesmo, unha norma internacional para erradicar a violencia de xénero no ámbito laboral e esixen ao Goberno español que apoie a adopción dun Convenio da Organización Internacional do Traballo, neste sentido. Igualmente condenan a violencia sexual contra millóns de mulleres e nenas en todo o mundo, e a feminización da pobreza. No manifesto conclúen facendo un chamamento á participación nas distintas mobilizacións convocadas en toda España, con motivo do 25 de novembro, un reflexo do compromiso social para erradicar a violencia contra as mulleres.