xoves, 30 de novembro de 2017

ILP. VONTADE POLÍTICA











UGT apela á “vontade política” para aprobar a Lei por unha Prestación de Ingresos Mínimos.

 A Secretaria Confederal de UGT, Adela Carrió, apelou “á vontade política” para aprobar a Lei por unha Prestación de Ingresos Mínimos e dixo que corresponde agora aos grupos parlamentarios “facer un esforzo e poñerse de acordo para mellorar o texto e aprobar unha lei que dea saída ao grave problema que veñen sufrindo moitos centos de miles de persoas que carecen de emprego e de recursos económicos e que querendo traballar non poden facelo”. 

  
O seu financiamento “é posible e realista”- dixo Carrió- pero debe existir “vontade política de logralo”. Neste sentido, avogou por elevar o nivel de ingresos do noso país, de maneira importante e estable porque “o que non é de recibo é que España recade 6,7 puntos de PIB menos en impostos e cotizacións que a media da zona euro (é dicir 75.000 millóns menos). Estes maiores ingresos non só permitirían implementar unha Prestación de Ingresos Mínimos senón tamén mellorar pensións, políticas activas de emprego, o salario dos empregados públicos, a sanidade e a educación. Permitirían, en definitiva, impulsar o noso nivel de desenvolvemento e de benestar colectivo e individual e o noso país conseguiría un maior grao de desenvolvemento económico e social. Actualmente, o noso país gasta 5,4 puntos de PIB menos que a media da eurozona.

Carrió propuxo poñer en marcha algunhas actuacións con gran impacto recadatorio como: mellorar a eficacia da loita contra a fraude, modificar o Imposto de Sociedades para elevar a súa recadación, aumentar a imposición sobre a riqueza, a recadación da imposición ambiental e eliminar de beneficios fiscais aos plans privados de pensións.