xoves, 30 de novembro de 2017

COMBATER A SINISTRABILIDADE CON PREVENCIÓN




 A Unión Xeral de Traballadores denuncia a falta de compromiso das empresas para adoptar medidas que protexan a seguridade e saúde dos traballadores, que se pon de manifesto na redución de convenios colectivos que inclúen cláusulas relacionadas coa prevención de riscos laborais. 

[...] Desde o sindicato, estamos a promover a creación da figura do Delegado/a Territorial ou Sectorial. Esta figura é esencial para as pequenas e moi pequenas empresas na que non existe representación dos traballadores/ as. A creación desta figura, a través da negociación colectiva facilitaría o labor de vixilancia sobre o cumprimento da normativa en prevención de riscos laborais nestas empresas, garantindo así uns maiores niveis de protección e contribuíndo sen dúbida, a reducir as altas cifras de sinistralidade laboral que estamos a sufrir. Por outra banda, UGT considera imprescindible defender o dereito á saúde e a seguridade das persoas traballadoras, introducindo nos convenios colectivos medidas como:  
  • Establecemento de protocolos de adaptación ou cambio de posto de traballo por motivos de saúde e/ou discapacidade, evitando consecuencias negativas para os traballadores con discapacidades sobrevindas
  • Incluír nos convenios cláusulas que expoñan a obrigación de realizar avaliacións de riscos, sen esquecer os psicosociais e ergonómicos. 
  • Inclusión de plans de sensibilización, información e formación, establecendo duración, contidos, modalidades de impartición, para cumprir coa Lei de Prevención de Riscos Laborais. 
  • Dereito á desconexión: a dispoñibilidade permanente que favorece a tecnoloxía da comunicación leva riscos psicosociais e incrementa os niveis de tensións, xerando novas enfermidades.