As
cifras están aí e debuxan unha realidade indiscutible, as mulleres
galegas seguen a cobrar salarios moi por debaixo dos que perciben os
homes. A desigualdade salarial persiste e non ten trazas de
corrixirse. É esta unha das grandes lacras do mercado laboral para a
que hai que articular xa medidas destinadas á súa solución. Neste
senso, UGT ven de emprender a nivel de todo o Estado a campaña “Eu
traballo gratis”, xa que, tendo en conta os últimos datos da
Enquisa anual de salarios do ano 2015 (publicada en xuño de 2017),
as mulleres galegas terían que traballar 71 días máis que os homes
para percibir o mesmo salario nun ano. Ou, visto doutro xeito, as mulleres terían que deixar de traballar o 15 de setembro.