xoves, 6 de abril de 2017

PENSIÓNS








Un ano máis, os PGE non expoñen ningunha solución ao déficit da Seguridade Social
 
UGT presentou solucións na mesa de diálogo social pero o Goberno non as toma en consideración, a pesar de sete anos consecutivos de déficit .

Desta forma, defendeu "a defensa da Seguridade Social, que é a pedra angular do Estado de Benestar, porque corremos o risco de que sufra un ataque terminal e hai que implicarse nesta loita".

Todo iso expondo "solucións de inmediato mediante o debate e a discusión, que é a mellor ferramenta para que todo avance e mellore. Nestas xornadas poñeremos unha conexión entre diferentes axentes da vida política, económica e social para que se fomente o diálogo e o debate e mellorar así o noso sistema de Seguridade Social".