Galicia, a terceira Comunidade na que máis medra o desemprego
UGT-Galicia
fai unha lectura moi negativa dos datos da EPA facilitados hoxe que
amosan unha suba moi significativa do desemprego en Galicia no
primeiro trimestre do ano, moi por riba do que sucede no resto do
Estado; un mercado laboral cada vez máis contraído; altos niveis de
precariedade nas familias, xa que xa son moitas as que teñen a todos
os seus membros no paro e as que non perciben prestacións; un alto
nivel de rotación na contratación; unha taxa de parcialidade
involuntaria moi elevada; e, de novo, a lacra do paro de longa
duración que persiste e xa é un elemento estrutural do mercado
laboral galego.
Non
fan falta moitos máis datos para constatar que algo segue a fallar
no mercado laboral galego e que chegou o momento de que a Xunta
active todas as medidas necesarias para garantir unha recuperación
do emprego en Galicia real e efectiva, que permita ás familias
galegas chegar ao tren da recuperación e non quedar como meras
espectadoras.
O
único xeito de garantir unha recuperación económica real,
efectiva, xusta e duradeira é que o conxunto da cidadanía sexa
protagonista da mesma e, para iso, urxe mellorar garantir a creación
de emprego suficiente, pero emprego estable con condicións laborais
e salarios dignos para todos.
Serán
moitas as vías que as administracións terán que abrir para
axilizar o camiño da creación de emprego digno para todos pero, xa
nun principio, urxe a derrogación das reformas laborais, que
tanto dano están facendo, favorecendo empregos e salarios de escasa
calidade e dereitos. Tamén urxe revisar os criterios de acceso a
programas como o PAE que só deron cobertura a unha cuarta parte dos
posibles beneficiarios.
A
protección social debe garantirse mellorando a cobertura e
reforzando as prestacións por desemprego. E, acompañando esta
medida, é fundamental potenciar as políticas activas de emprego
desde a Xunta, marcadas polos criterios de austeridade nestes anos e
para as que nos orzamentos de 2017 destínanse 209 millóns de euros,
cantidade moi afastada dos 378 millóns de euros do ano 2008, antes
da crise.
Estas políticas non poden
estar orientadas só ás bonificacións á contratación, hai que
poñer en marcha medidas de creación de emprego con recursos
adicionais para os servizos públicos de emprego que melloren a
empregabilidade e a formación, e lograr así a inserción permanente
dos desempregados. Todo isto, acompañado dunha revisión das súas
políticas no eido industrial que ata o momento non están garantindo
unha recuperación real dun sector clave porque deixar o crecemento
só en mans do sector servizos non garantirá que se cree empregosuficiente.