
Ante esta realidade, UGT ten
unha serie de propostas que pasan por un Pacto de Estado contra a
violencia de xénero dotado dos orzamentos suficientes. No eido do
emprego son necesarias políticas activas eficaces e empregos de
calidade.
É imprescindible unha mellora dos dereitos laborais para
as vítimas e o recoñecemento de dereitos para as vítimas de acoso
sexual no traballo de dereitos similares aos das afectadas pola
violencia no eido privado.
UGT tamén demanda un permiso ou licenza
retribuída por un período non inferior a dous meses, similar ao que
teñen as empregadas públicas vítimas de violencia de xénero. As
ausencias ou baixas médicas derivadas da súa situación tampouco deben
supoñer un prexuízo no eido laboral.
Para finalizar, Mónica
Rodríguez explicou que estase a levar a cabo unha campaña a nivel de
todo o Estado, por parte de UGT, "#niunamenos". E engadiu que mañá, en
todas a sedes de UGT terán lugar ás 12.00 concentracións de repulsa por
esta lacra.
OS RECORTES FREARON O DESENVOLVEMENTO DA LEI DE PROTECCIÓN INTEGRAL

Sen dúbida os recortes frearon o desenvolvemento da
Lei e denunciou que asistimos ao desmantelamento de gran parte das
oficinas de atención ás vítimas, paralizouse a creación de xulgados
especializados e a cobertura de prazas funcionariais vacantes.
Ante
isto, é necesario tomar medidas urxentes que requiren de medios e
recursos en todos os niveis, xulgados, a policía, os servizos sociais, a
sanidade ou a educación, hai que contemplar a dotación de profesionais e
recursos necesarios para a efectiva aplicación da Lei Integral contra a
violencia de xénero en todos e cada un dos ámbitos das diferentes
administracións públicas.
URXEN RECURSOS NO EIDO DAS ADMINISTRACIÓNS E MAIOR COORDINACIÓN
Precísase
garantía orzamentaria das políticas de protección contra a violencia de
xénero, recuperando o 26% do orzamento destinado ás políticas de
tratamento integral de violencia de xénero e o 75% a políticas de
Igualdade.


A EDUCACIÓN É A VACINA CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES
Engadiu
que a educación é a vacina contra a violencia, e por iso en todos os
niveis educativos deberán de desenvolverse protocolos coordinados de
actuación ante situacións de violencia de xénero entre iguais ou no
marco familiar, formando aos equipos psicopedagóxicos sobre as
situacións de violencia de xénero.