UGT-Galicia esixe un Pacto de Estado contra a violencia de xénero acompañado dos recursos necesarios
As administracións locais deben recuperar e incrementar as súas competencias nesta materia e as subdelegacións do Goberno teñen que asumir un papel máis efectivo na coordinación
A
secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia,
Mónica Rodríguez; a secretaria xeral da Federación galega de empregados
e empregadas dos Servizos Públicos (FeSP-UGT), Delia Irene Martínez; e a
secretaria de Igualdade desta Federación, Ángeles Villarnovo, ofreceron
hoxe unha rolda de prensa en Santiago con motivo da conmemoración mañá
do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Neste
contexto, Mónica Rodríguez insistiu, un ano máis, en que a violencia
que se exerce sobre as mulleres é unha realidade que é necesario mudar
poñendo á súa disposición todos os recurso necesarios e actuando en
todos os ámbitos que corresponde.
Porque os datos seguen aí e son
inadmisibles. No ano 2015, un total de 60 mulleres foron asasinadas a
mans das súas parellas ou ex parellas, das cales oito eran galegas,
sendo así esta a terceira comunidade onde máis asasinatos desta índoles
se produciron. No que vai de ano, con datos pechados a 18 de novembro,
xa van 39 mulleres asasinadas, unha delas galega, e non se poden
esquecer os 25 menores que, por mor desta violencia, quedaron orfos.