Un 31,2 % dos asalariados galegos cobran menos ou igual que o SMI
310.100 traballadores galegos están nesta situación
A situación é 6,2 puntos peor que no 2008

A
Comisión Executiva de UGT-Galicia incide na negatividade desta
realidade e considera que é o momento de que os traballadores empecen a
recuperar parte da perda acumulada durante a crise para dar así maior
impulso ao consumo interno.
Ante esta
conxuntura, UGT-Galicia insiste na aposta para o 2017 dunha suba
salarial entre o 1,8 e o 3 por cento. Cos actuais salarios non se sae da
crise porque non se reactiva a economía das familias. A maioría dos
datos macroeconómicos non se trasladan ao conxunto da poboación, como
evidencian as estatísticas feitas públicas hoxe.