Non fai
falta salientar o
significado tan especial
que, para todos e todas
traballadores e traballadoras do mundo, ten esta data. Moito mais, nuns tempos
nos que a igualdade de xénero, o compromiso social, as melloras na economía,
non repercuten na cidadanía achegando a mesma unha pobreza social cuns dereitos totalmente mergullados,
deixándonos ver que a Crise aínda segue moi preto dos traballadores e
traballadoras. Este ano
celebrado baixo o lema “NON HAI EXCUSAS” EMPREGO
ESTABLE / SALARIOS XUSTOS/ PENSIÓNS DIGNAS/ PROTECCIÓN SOCIAL.
Os actos, na mosa Comraca, escomenzaron as 11,00 horas,
coa ofrenda floral ó fundador da UGT e do PSOE Pablo Iglesias Pose,
no parque do seu nome, fronte o Edificio Administrativo da Xunta en
San Caetano.
As 12,00 horas conxuntamente UGT e CCOO, fíxose a MANIFESTACIÓN con saída da Alameda e finalización na Praza de Praterías con grande participación cidadá.
Non debemos esquecer ,
neste contexto, as mulleres seguen a levar a peor parte. A taxa de
actividade das mulleres galegas está a cola do Estado; a taxa de
temporalidade entre as mulleres galegas é case catro puntos superior á
dos homes; a taxa de paro segue sendo superior a das mulleres, en 1,3
puntos, e tan só o 43,3 por cento das mulleres en paro perciben
prestacións, fronte ao 56,7 por centodos homes. E que dicir dos mozos
que vense obrigados a abandonarGalicia na busca dun futuro mellor ante a
falta de expectativas decara ao seu futuro.
E,
todo isto, ten unhas consecuencias dramáticas, as desigualdades, a
pobreza e o aumento progresivo da exclusión social, afectando a máis do
22 por cento da poboación. E isto xa non o din só os sindicatos, o din
tamén o FMI, a ComisiónEuropea e a OCDE...
Mentres
a economía medra a maioría da poboación, a clase traballadora, segue
sumida nunha profunda crise económica, de emprego e de expectativas.
Fronte a esta realidade, demandanos:
- A derrogación das reformas laborais que veñen de instalar a precariedade como norma de contratación e que só fomentaron a desigualdade e a perda de dereitos.
- É preciso poñer en marcha un plan de choque polo emprego con recursos.
- É imprescindible devolver o equilibrio de forzas na negociación colectiva, para que os sindicatos e empresarios poidamos negociar en igualdade de condicións.
- Reformar o sistema de prestacións por desemprego para facer que chegue a todas as persoas en situación de desemprego;
- Demandamos unha Lei de igualdade salarial.
- Tamén é urxente derrogar a reforma das pensións de 2013. As pensións teñen que subir por riba do IPC.
- Hai que acometer unha reforma fiscal integral que consiga máis ingresos e reparta mellor os esforzos, así como, loitar contra a fraude fiscal.
- É preciso poñer en marcha unha prestación de ingresos mínimos para todas aquelas persoas que querendo traballar non poden facelo.
- Urxe tamén a recuperación progresiva do gasto en sanidade, educación, protección social e axuda á dependencia e poñer en marcha un Plan Estratéxico para a Industria.
Cartel do 1 de Maio
Manifesto do 1 de maio de 2017
Volantina do Primeiro de Maio de 2017
INFORME GESTHA
GALERIA 1º DE MAIO