martes, 14 de marzo de 2017

DIÁLOGO SOCIAL







      

UGT e CCOO envían a CEOE e CEPYME as súas propostas de negociación


Ambos os sindicatos enviaron ás organizacións empresariais unha carta instando a convocar de maneira inmediata a Comisión de seguimento do III Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) e un documento con propostas para negociar tanto os contidos pendentes deste AENC como novos aspectos, xa consensuados, e desenvolver conxuntamente un auténtico diálogo social.

UGT e CCOO comparten a necesidade de reforzar o diálogo social e a participación institucional das organizacións empresariais e sindicais, superando o déficit da lexislatura anterior, e consideran que as organizacións responsables da negociación colectiva teñen a obrigación de preservala, defendendo a autonomía das partes fronte a inxerencias externas e protexendo a forza vinculante do pactado libremente.

Nun documento conxunto remitido coa carta, as organizacións sindicais propoñen as materias a abordar nun novo Acordo interprofesional de ámbito confederal